Rivadulla, X.H.
A balada do Roi Nemiña / X. H. Rivadulla Corcón - Barcelona :Planeta & Oxford ,2007 - 168 p :il ;20cm
Cando nun tempo esquecido, na Terra de Sisargas, naceu Nemiña, a súa avoa veu dende a Illa da Eterna Xuventude para comunicar a nova de que segundo os Espíritos do Mar o rapaz sería o salvador do seu pobo. Medrou, namorouse de Lúa e herdou a ferrería de seu pai morto cando a invasión da tribo inimiga dos Dirdam. Un día, logo de afogar no mar, os Espíritos Mariños concedéronlle o don de regresar, comezando unha nova vida co nome de Roi e esquecendo o seu pasado, para forxar a espada máxica que impediu que a tribo inimiga lograse coa vitoria militar a renuncia da súa xente á súa cultura e lingua. E como recuperou a memoria cando atopou na praia o colgante dunha lúa de pedra que lle dera Lúa como proba do seu amor, regresou ao castro de Moraima, onde atopou a Lúa e con ela casou.Dende entón a Terra de Sisargas, posuidora da espada invencible, viviu un longo período de paz e a historia de Roi Nemiña foi narrada de xeración en xeración.
1º-2º ESO
9788498111040
821.134.4