Carballude, Pepe

Andainas de Pedro Chosco / Pepe Carballude - 3ª ed. - Vigo: SM; 1994 - 123 p., ilustracións b/n 19cm - O Barco de Vapor 14 .

Todo o mundo sabe que Pedro Chosco é o misterioso personaxe que fai adormecer os rapaces. Pero, ¿que inesperadas aventuras nos agardarían se, como lles pasa a David e a Marcos, nos atopásemos realmente con el? Diso trata a presente novela, na que se mestura o real e o imaxinario, a tradición e a modernidade, o pasado e o presente. Desde a primeira páxina, o lector fica enganchado a unha historia que engaiola non só pola trama argumental, narrada con habelencia e engado, senón tamén pola riqueza léxica, moi salientable neste autor, e tamén pola fantasía por veces desbordante. En fin, estamos perante un libro que, de seguro, nos permitirá vivir moitos momentos entretidos.

3º-4º Primaria

8434827107


Fantasía
Tradicións

087.5:82

Coa tecnoloxía Koha